Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

martes, agosto 08, 2006

 

Defendiendo TU derecho a Ponernos Verdes

DÍNOSLO A LA CARA

Pablo Carlos López López, de Galiza Nova (BNG) expone su teoría sobre la izquierda descafeinada y camuflada que caracteriza al PSOE de hoy

En contestación ao post de Sergio Barbeira: Non dudibo de que no PSOE poida existir xente de esquerda, pero vos vou dicir porque creo que o PSOE non é esquerda.

En primeiro lugar estaría ben definir a palabra esquerda. A que consideremos esquerda?

1- Marxismo?
2- Socialdemocria das democracias nórdicas avanzadas?
3- Socialdemocracia mediterránea seguindo o modelo italiano e español?
4- Socialismo democrático ao estilo Hugo Chávez e Evo Morales?
5- Socialismo despótico e dictatorial de Castro?

Eduard Bernstein, membro do PSDA no século XIX, reformulou e foi semente da esquerda moderna. Pois ben, desbotou o determinismo marxista pero non abandonou o marxismo. Así, a revolución sería concebida como un movemento de transformación gradual da sociedade dende as institucións e dende a base. Por iso, e adaptando o descurso aos novos tempos e sen querer caer no reduccionismo, a esquerda pragmática fumdaméntase en dúas cousas: Democracia participativa e benestar (e socialización). A partir de aí virían outros (igualdade de dereitos, de oportunidades, etc, etc).

-Democracia participativa: Republicanismo. Como dicía Declaración de Láncara hai que avogar polos valores do republicanismo clásico: participación do cidadán na vida pública e control da administración. ¿Cómo? Aplicando a máxima “pensa globalamente, actúa localmente”, habería que comezar polos concellos. O único que se pode facer é fomentar o asociacionismo, e mediante ese asociacionismo fomentar o control público da administración mediante consellos sectorias consultivos e vencellantes. Exemplo: BNG en Betanzos. Consello da Mocidade, cunha porcentaxe de orzamento participativo. Quen deseña a política de mocidade? Os mozos. Ese é un principio da esquerda. Crer no ser humano e na súa partipación na vida pública. Quen se opuxo a isto? O PSOE, que goberna en coalición (cíngome a Betanzos, do que teño coñecemento).

-Benestar:

*A pequena escala: exemplo, de novo, BNG de Betanzos. Quere importar o modelo das democracias avanzadas nórdicas no tocante a modelo de benestar, contruíndo unha cidade do home, cívica, mediante fomento da cultura e revitalizando o casco vello (ademais de vivenda, emprego digno..). Quen se opuxo a isto? o PSOE.
*A mediana escala: Aumentar o benestar dos galegos mediante a apliación duna serie de principios de responsabildade social. O que sempre se di..” Galiza é un páis rico que ten potencialidades...”. Pero os cartos sempren se canalizan a esferas do EE e da UE. Solucións? Cánones ás empresas que deterioran o medio ambiente, recadación do imposto de sociedades, etc,etc. ·
*A grande escala: Facer unha UE dos pobos, solidario, social e democrática, inserto nun mundo sen guerras (nin preventivas, nin nada) e sen pobos asoballados.

E o PSOE?....

- Socialización: Non me refiro a socializar as terras ou os medos de producción. Refírome a socialización e emancipación intelectual do ser humano. Educar, educar, educar. Piar fundamental do Estado de Benestar. Por iso conclúo sen medo: O BNG é esquerda, o PSOE un partido descafeínado, o PSdG unha simple sucursal. Con isto non quero dicir que non exista xente de esquerdas no PSOE, non digo iso. Pero cada vez quedan menos ( Miguel Barros en contactos co BNG).

-Autodeterminación: Non hai que olvidarse que un principio da esquerda sempre foi recoñecer o dereito a autodeterminación dos pobos. Dereito tamén recoñecido pola ONU. ¿O PSOE o reñoce? Non. ¿Por que non deixa escoller libre e democraticamente o destino de Galiza, Euskadi e Catalunya? Nacións, entidades políticas unidas baixo variables demográficas, sociais, económicas, culturais e con vontade da xente de ser nación (nacionalismo cívico...).
PSOE: ¿Por que autodeterminación para o Sahara e para Galiza non? Nota: autodeterminación non é independencia, senón ter a capacidade política de escoller o futuro dun pobo. Quen negue a soberanía da súa nación estase negando a sí mesmo. E dende logo que non imos falar da etapa neoliberal de Felipe González privatizando todo e canto quixo, cargándose esa Sociedade de Benestar...Iso é ser de esquerdas? Non.
Ser da “esquerda moderna” é fomentar a empresa pública e que redunde en beneficiae de todos. Ademais impoñer a responsabilidade social sen paliativos para a empresa privada. Non digo dende logo estatalizar todo imitando o caduco e inviable modelo soviético...esa esquerda ortodoxa está superada. E por suposto conseguir o máximo en avances sociais, e que ninguén pase fame e teña sitio onde durmir. En todo o mundo.
E dende logo outro principio da que ti chamas esquerda é transformar a sociedade dende as institucións e dende a base. O BNG faino, participando no goberno da Xunta e con outras asocacións(CAF-CAE, ADEGA, Verdagaia, CIG).o PSOE???

Por iso, conclúo, querido amigo.

BNG: esquerda

PSOE: non.

E volo di un socialista, porque eu considérome socialista. Un socialista non descafeínado do século XXI. Pero claro, aparte de socialista son nacionalista. Da ESQUERDA nacionalista.

Un saúdo
Pablo Carlos López López
BNG -Galiza Nova.

Comments:
E quédaste tan tranquilo despois de autoproclamarte ti soíño de esquerdas. Pois mira por donde, un auténtico socialista, endexamáis é excluinte. Para que te enteres, e esto cho dí alguén leva trinta anos militando neste PSOE que tan pouco che gusta a tí e tanto a moitos outros. POR UNHA ESQUERDA FORTE E VIGOROSA. Saúdos socialistas dende TEO
 
Para nada quero excluír. Sodes vós, o propio PSOE, os que vos excluídes do descurso da esquerda.
Non digo que "teoricamente" non sexades de esquerdas, pero como ben saberás querida amiga, ten que existir unha adecuación entre teoría e práctica política. E para nada quero ser excluínte, de seguro que exisitirá outra fundamentación teórica da esquerda. Pero o que si que teño claro é que o PSOE non o é.

saúdos
 
Estimado Paulo, hay que ser muy prudente cuando se habla de los demás porque si no te pueden dar en los dientes con, tachan, tachan, la verdadera y no izquierdista realidad del BNG. Verás, el BNG analiza la realidad en líneas nacionales frente a quienes (los socialistas) la analizamos en lineas de clase (Saúl Santín, miembro de Esquerda Nacionalista dixit ante este marxista). Para un nacionalista el elemento nación está por encima del elemento clase, lo que no es muy de izquierdas.

Además, estimado y suicida amiwito, el BNG es un frente político que por su estructuración no puede ser de izquierdas, porque ya me dirás como puede ser de izquierdas una organización en la que está integrado un partido como el PNG que se considera a sí mismo como de derechas.

La autodeterminación, según la ONU, se aplica a las colonias y Galicia, Euzkadi y Catalunya no aparecen en la lista de la ONU. Te recomiendo que antes de hablar te informes para no meter la pata. Además, ¿ha impedido el PSOE la libre determinación de alguno de esos pretendidos entes? Jamás. Y permiteme, simpático socialdemocrata de EN, que te diga que es un problema artificial por lo menos en Galicia, donde no teneis el peso electoral suficiente para ello. En el momento en que las opciones que apuestan por los procesos refrendarios sean mayoritarias podrás plantear ese problema.

Sobre Miguel Barros te recomiendo que no hables, porque yo personalmente conozco su situación con cercanía (mucha cercanía) y no me parece ética ni estética tu referencia.

Hablas de cánones medioambientales. No voy a entrar en la visión técnica del asunto (me daría para una tesis doctoral). Sólo un detalle ¿quién está impulsando la utilización de la fiscalidad medioambiental por la Xunta? PSdeG

Por último, y no menos importante, ¿qué partido ha impulsado el reconocimiento de derechos civiles iguales a todos (con independencia de genero, religión, regionalidad...)? ¿qué partido ha defendido los derechos sociales y económicos de la ciudadanía?

Hay que ser muy atrevido para presentarse como dador de certificados de izquierdismo, sobre todo con una objetividad como la tuya.
 
Efectivamente, hay que ser prudente cando se fala dos demais. Tamén che rogaría que baixaras un punto a túa “soberbia”; co que dicía exponía a miña visión da esquerda. Pero como todos sabemos ninguén ten a verdade plena e universal.
É certo, e teño que recoñerme como crítico ante certa liña oficial do BNG que analiza a realidade de forma un tanto distorsianada. Estás no certo que o BNG analiza en liña nacional, pero tamén en liña de clases. Senón podes lembrar algunha que outra retrousa pegadiza que dicía algo así como “adiante pobo traballador...por unha galiza ceibe, por unha galiza ceibe, bng! sen explotación..” Vamos, que ven demostrando que se poden afrontar as cousas en perfecta simbiose (liberación nacional e emancipación da clase traballadora). Adaptando, claro está, o concepto marxista de clase traballadora ao século XXI.
Para min a nación non está por riba de todo. Para min está a xente. De aí que o meu nacionalismo se chame “nacionalismo cívico”. Porque non basta con ter unha historia, unha lingua, un pasaso común, unha dinámica socio-económica homoxénea, tamén ten que existir a conciencia da xente de querer ser nación e construír ese suxeito polítio. E eu non son “primeiro nacionalista” e logo “de esquerdas”; a miña ideoloxía non está estratificada. Son nacionalista porque son de esquerdas, e creo que unha persoa de esquerdas que nacese en Galiza ten que analizar a realidade dende o punto de vista social, pero tamén dende a perspectiva de liberación nacional.
En efecto, o BNG é unha fronte política. E sí, o PNG está integrado. Pero non, o PNG non é de dereitas. E un partido de corte liberal clásico, da democracia liberal progresista, como tiven oportunidade de escoitar ao seu deputado Iago Tabarés. Non analiza a realidade dende a perspectiva marxista, pero si dende o progresismo. E logo como se pode ser de dereitas cando o PNG defende o matrimonio homosexual e os avances sociais??
E si, o dereito á autodeterminación é aplicable ás colonias. Pero...alguén dubida que Galiza é unha colonia? Non é unha colonia en sentido clásico pero si se pode enmarcar dentro do colonialismo interno dentro das esferas do primeiro mundo (Lafont). E logo, que é iso de explotar os recursos dunha zona (Gz) en beneficios de outras (esferas do EE e da UE)? Cara onde van os impostos de sociedades? Non quero ser catastrofista, porque non son deses, pero a realidade é incontestable.
E si, querido “amiguito” (agardo que non utilizaras isto en termos despectivos), o PSOE nega o dereito de autodeterminación das nacións do EE no momento en que non recoñece a libre e democrática decisión dos cidadáns do seu territorio. U-lo Plan Ibarretxe? Non era unha decisión tomada polos cauces democráticos da Constitución e do Estatuto de Guernika??E non digas que estaba “lexitimado” polo terroristas, por vós (PSOE) e tamén o PP tumbáchedes os orzamentos vascos varias veces grazas aos votos dos “terroristas”. Pero vós, caladiños. Que hipocresía e falta de coherencia política!


Sobre Miguel Barros, ben, ti podes coñecer de preto a situación, pero os feitos son constatables. Miguel Barros deixou o PSOE e acudiu a manifestación do Día da Patria Galega do BNG. Ademais de firmar isto http://www.fundacionenclave.org/novas/dec05adh.htm (o número catro).
E o do Cánon medioambiental era algo que o PSOE fixo porque o BNG llo esixiu non Pacto de goberno. O BNG leva anos e anos reclamándoo. E o PSOE nin mu.
¿Dereitos civís? O BNG leva moitísimo tempo propoñendo no Congreso dos deputados (actas do ano 1996) o matrimonio homesexuais impulsando dentro da súa modestidade o igualdade real con independecia de xénero, relixión, etc,etc. Loxicamente, e dada a situación, o BNG nunca poderá gobernar (nin quere) o Estado español. E mentras non haxa o Estado galego...
Pero en política social e de igualdade, e dentro dos baremos que nos deixa este asfixiado e agoniante Estado de benestar destruido pola última etapa do Felipismo e polo aznarismo, faise o máximo.
Que en política económica o PSOE e de esquerdas??’E que fixo o querido amigo Solbes distinto que Rato??”
“Hay que ser muy atrevido para presentarse como dador de certificados de izquierdismo, sobre todo con una objetividad como la tuya”. Isto que dis sona un pouco prepotente. Sei que non teño a verdade universal. E simplemente un punto de vista que creo acertado. Como ti poderás ter a túa opinión.

E o do “querido amiguito socialdemócrata de EN”, por favor, chámame socialista a secas ou socialista democrático. Por iso de que convencionalmente socialdemócrata lígase ao descafeinado PSOE, e, polo que acabo de expoñer, non son deses.

Que conste que me gustaría dicir que nestos últimos tempos houbo certos “avances” esquerdistas dentro do PSOE. Por iso de romper unha lanza ao voso favor. Pero aínda lle falta moito para achegarse á democracia participativa e á política social que está emprendendo o BNG na Xunta e en moitos concellos.
Un saúdo cordial,
Paulo C. López López GN-BNG
 
La batalla dialéctica entre luis y pablo me ha disgustado especialmente, por cuanto los creía personas que no se escudan en los términos bien sonantes para emitir sus prejuicios. No sé por qué tanto rencor, en el fondo no somos tan diferentes, no?

Un saludo, chavales.
 
Simplemente se os va la pinza. Creo que la política es otra cosa, no esta discusión de "patio de colegio".
 
Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?